CRTVG

Buscar

O PP pídelle a Sánchez un plan de choque para frear a suba do prezo da luz

Publicado o 11/08/2021 15:10

Dende o Partido Popular esíxenlle ao Goberno un plan de choque que free esta escalada no prezo da luz. Nas redes sociais, o presidente do PP anunciou que se gobernan impulsarán unha lei para que se pague só pola enerxía consumida. Pablo Casado critica o presidente do Goberno por non aceptar esta proposta.

O vicesecretario de Comunicación respondeu tamén á ministra de Facenda, que onte acusaba o PP das actuais tarifas. 

"A resposta do Goberno non pode ser insultar o PP nin botar as culpas a Europa. Os problemas son de hoxe e Pedro Sánchez tén que responder hoxe aos problemas dos españois", aseguraba nunha entrevista Pablo Montesinos.

 

Noticias web

11/08/2021