CRTVG

Buscar

O PP pídelle a Sánchez que adiante a Conferencia de Presidentes para abordar a volta ás aulas

Publicado o 21/08/2020 14:04

O Partido Popular demanda a comparecencia da ministra de Educación no Congreso, para que explique os plans do Goberno de cara ao próximo curso escolar. Cuca Gamarra pídelle a Pedro Sánchez que coordine a volta ás aulas entre as distintas comunidades e que adiante a conferencia de presidentes.  

"Que empece a traballar xa, non pode seguir nin un minuto máis de vacacións. Ten que acabarse xa un goberno do despropósito, da inacción e da incompetencia. Ten que adiantarse canto antes esa conferencia de presidentes que non pode celebrarse cando o curso escolar xa empezou ou está a días de empezar", declarou a nova voceira do PP na cámara baixa.

Noticias web

21/08/2020