CRTVG

Buscar

A reforma do poder xudicial e a situación de Iglesias centran a sesión de control

Publicado o 14/10/2020 15:22

No Congreso dos Deputados houbo unha sesión de control moi tensa, a conta da reforma exprés do poder xudicial impulsada por PSOE e Podemos.

O presidente reiterou a súa confianza en Iglesias despois de que o xuíz do caso Dina pedira ao Supremo investigalo.

O propio Iglesias respondeu a esa petición de dimisión, insistindo en que non será imputado.

A tensión aumentou cando a voceira do PP fixo fincapé en que un dos delitos que o xuíz lle atribúe a Iglesias é co agravante de xénero.

Tamén Vox e Ciudadanos pediron ao Goberno que rectifique a reforma xudicial.

Noticias web

14/10/2020