CRTVG

Buscar

O PP pídelle á alcaldesa de Lugo que apoie unha comisión de investigación e responda pola indemnización da Fábrica da Luz

Publicado o 23/03/2021 13:41

En Lugo, o PP esíxelle á alcaldesa que apoie unha comisión de investigación para depurar responsabilidades no caso da antiga fábrica da luz.

Cre que debe ser a socialista Lara Méndez e o seu equipo os que paguen os dous millóns e medio de euros de indemnización que lle impuxo o Tribunal Superior de Xustiza por deixar caducar os dereitos de explotación da empresa concesionaria.

O Goberno local non quixo facer valoracións á espera de que o asunto chegue ao pleno deste xoves. O PP non quere que teñan que pagar os lugueses.

Noticias web

23/03/2021