CRTVG

Buscar

O PP pide unir o voto para frear os ataques socialistas

Publicado o 01/11/2019 21:30

Ana Pastor, a número 2 do PP ao Congreso pola provincia de Madrid, fixo campaña en Pontevedra, onde fora cabeza de lista nas eleccións de abril. Alí pediu unir o voto dos galegos no PP, para que cesen o desprezo e os ataques dos socialistas á industria, as infraestruturas e o financiamento de Galicia e para que non convertan a ralentización da economía nunha crise grave. Pablo Casado estivo na localidade rioxana de Calahorra, onde centrou o seu discurso na decisión de Sánchez de obviar o PP ante calquera posible pacto poselectoral.

 

Noticias web

01/11/2019