CRTVG

Buscar

O PP pide que se reforce a vía ferroviaria Ferrol-Ribadeo

Publicado o 13/08/2021 13:57

O Partido Popular en Lugo pide melloras na conexión ferroviaria Ferrol-Ribadeo. Acusan o Goberno central de desmantelar este servizo na Mariña e presentarán unha proposición non de lei para esixir que se reforcen as comunicacións no norte de Lugo.

"No prazo de seis meses se faga un estudo técnico e económico para defender a viabilidade de que se reforce esta vía estreita de conexión con Ferrol, pero tamén que se estude a posibilidade de construir unha conexión que nos achegue a Santiago", Elena Candia, presidenta do PP de Lugo.

Noticias web

13/08/2021