O PP pide que Calvo explique os gastos das viaxes de Sánchez no Congreso
O PP solicitou a comparecencia no Congreso da vicepresidenta do Goberno para que dea explicacións sobre as viaxes de Pedro Sánchez. Os populares denuncian opacidade e falta de rigor sobre este tema.
A súa petición chega despois de que o Goberno cifrara en 282 euros o custo da visita de Sánchez a Castelló, asegurando que só podían cuantificar a parte de protocolo. Sánchez fixo esa viaxe en xullo no avión oficial para reunirse co presidente valenciano e asistiu tamén ao Festival de Benicàssim.
Pablo Casado, presidente do PP: "O que esiximos é transparencia, explicacións e, sobre todo, que á hora de contestar non se tome o pelo á xente dicindo que o custo efectivo é de 200 euros. É mellor non contestar ou dicir que non che dá a gana de contestar, pero non tomarlle o pelo á xente que sabe canto custa un billete de avión comercial. E un billete de avión privado non o sabe pero pode imaxinalo".