CRTVG

Buscar

O PP pide explicacións á CHMS polo baleirado dos encoros

Publicado o 31/08/2021 15:48

A suba da luz coincidiu co baleirado dos encoros que dependen da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Un dos afectados é o de Belesar, en Lugo. A presidenta do Partido Popular nesta provincia pide explicacións polos danos causados no medio ambiente e o perigo de quedar sen auga ante os incendios forestais que se poden producir.

Elena Candia, pediulle este martes ao presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, "explicacións sobre o alarmante baixo nivel de auga no encoro de Belesar".

Candia cualificou a Quiroga, "presidente da CHMS e número dous de Gonzalo Caballero" no PSdeG, como "irresponsable", por "permitir que nesta época do ano o nivel da presa sexa inferior ao 30 % da súa capacidade".

 

Noticias web

31/08/2021