O PP pide a Pedro Sánchez que aclare a proposta de descentralizar as sedes dalgunhas institucións
Publicado o 11/10/2021 21:40
O Partido Popular pídelle ao presidente do Goberno que aclare a súa proposta de sacar de Madrid as sedes dalgunhas institucións do estado. A voceira popular, Cuca Gamarra, pregúntase se entre os destinos posibles tamén van estar Cataluña ou o País Vasco.
"Debería concretar Pedro Sánchez se vai sacar o estado das comunidades autónomas onde hai partidos independentistas, secesionistas ou nacionalistas que lle piden que o Estado saia para apoiar as súas iniciativas parlamentarias ou se, por contra, vai descentralizar e vai levar máis estado a esas comunidades autónomas", di a voceira.