CRTVG

Buscar

O PP ofrécelles un pacto a VOX e Cs para a Mesa do Congreso

Publicado o 02/12/2019 20:35

O Partido Popular ofrécese a repartir os seus votos con VOX e Ciudadanos para que as tres forzas estean presentes na mesa do Congreso. Propoñen un reparto no que eles terían dous postos e VOX e Ciudadanos, un. A dereita quedaría así con catro das nove cadeiras no órgano de dirección da cámara. De momento, VOX non aceptou a oferta. Argumentan que, con cinco veces máis escanos, non poden ter a mesma representación na mesa que Ciudadanos. A votación celébrarase mañá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019