O PP obtén 66 escanos, o peor resultado da súa historia
O Partido Popular obtivo 66 escanos, 71 menos que nas xerais de 2016. A formación liderada por Pablo Casado perdeu catro millóns de votos, a metade dos apoios cos que contou nos últimos comicios. O PP quedou sen representación no País Vasco e só obtivo un deputado por Cataluña. É o peor resultado da historia do partido.
Total Pablo Casado: "O resultado foi moi malo, ao Partido Popular gústalle gañar sempre".
Unha perda de escanos que dende o Partido Popular atribúen a fragmentación da dereita.
Pablo Casado, presidente do PP: "A fragmentación só favoreceu un goberno de Pedro Sánchez con aqueles que non están de acordo cun futuro de unidade de España".
Pablo Casado felicitou a Pedro Sánchez pola vitoria e mostrou as súas preferencias de cara a posibles pactos de goberno.
Pablo Casado, presidente do PP: "Agardo que, visto o resultado, poida chegar a acordos sen precisar os independentistas. Para o PP o primeiro é España e agardemos que o noso país estea á altura das circunstancias".
Pablo Casado dixo que non elude responsabilidades, pero evitou falar de dimisións. Aposta por traballar dende xa para recuperar os votantes perdidos de cara ás eleccións municipais e autonómicas do mes de maio. O seu obxectivo, agrupar os votantes de centrodereita.
Pablo Casado, presidente do PP: "Ímonos poñer a traballar dende ahora para recuperar ese apoio".
O vindeiro martes reunirase o Comité de Dirección do partido para analizar polo miúdo os resultados.