O PP non descarta acudir á xustiza ou saír á rúa para defender a educación concertada
Publicado o 18/11/2019 15:04
O PP anuncia unha campaña en defensa da liberdade educativa por estas declaracións de Celaá. Despois aclarou que non prevén revisar nada, pero non chegou para parar as reaccións. O PP cre que o PSOE ameaza a concertada e anuncia mocións parlamentarias e non descartan acudir os tribunais.
Este mediodía convocaron os conselleiros de Educación das comunidades onde gobernan e pola tarde reuniranse con representantes dos colexios concertados.