CRTVG

Buscar

O PP non dá por rotas as negociacións con Vox en Madrid

Publicado o 18/06/2019 13:51

O Partido Popular non dá por rotas as negociacións para a Comunidade de Madrid, malia que Vox di que están "paradas". A candidata de Vox asegura que non van negociar ata que os populares cumpran co asinado no Concello de Madrid, onde o partido de Abascal reclama concellarías.

O novo alcalde vaise reunir hoxe co secretario xeral de Vox para intentar aclarar eses acordos, e reactivar así as negociacións para presidir a Comunidade, que xa avanzan con Ciudadanos.

Noticias web

18/06/2019