CRTVG

Buscar

O PP quere ser a alternativa a Sánchez e non facilitará a súa investidura

Publicado o 11/11/2019 15:10

O PP culpa a Pedro Sánchez do gasto inútil que supuxo repetir as eleccións. E deixa claro que non apoiará unha investidura que, cunha nova repartición de escanos que prexudicou tanto o PSOE como o seu socio preferente, obriga a facer contas aínda máis reviradas. Os populares aféanlle ademais a Sánchez o seu discurso desde o balcón de Ferraz.

"Pedro Sánchez dixo que quere gobernar coa esquerda, e Pablo Iglesias que quere gobernar con Pedro Sánchez. A cousa está clara: o PP lidererá unha alternativa a esa ruína que nos queren impoñer", di Teodoro García Egea.

O secretario xeral do PP cre que a única solución ao bloqueo político pasa pola renuncia do actual inquilino da Moncloa.

"O Partido Popular ten claro que con Pedro Sánchez non imos a ningures e que o mellor servizo que lle podemos facer a España é que non sexa presidente", insiste García Egea.

O PP reúne este martes ao mediodía o seu Comité Executivo Nacional para facer unha lectura máis repousada duns comicios en que recuperou 22 escanos no Congreso e 28 no Senado.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019