CRTVG

Buscar

O PP nega que alcanzase un acordo co Goberno para renovar as institucións

Publicado o 07/09/2020 16:17

O Partido Popular nega a existencia do pacto para renovar as institucións ao que se refería nesta entrevista o presidente do Goberno. Nun comunicado, o PP di que as conversas quedaron interrompidas a principios de agosto, ante as críticas de Podemos á Casa Real e a imputación do partido de Pablo Iglesias por financiamento irregular. Segundo esta versión, desde mediados do mes pasado o Goberno sabe que o PP non vai negociar mentres Podemos estea implicado na renovación deses órganos.

Noticias web

07/09/2020