CRTVG

Buscar

O PP insta o Goberno a axilizar a sinatura do convenio para o tren ao porto exterior

Publicado o 08/09/2021 14:07

Os populares da Coruña instan o Estado a asinar canto antes o convenio para licitar as obras do tren ao porto exterior  Din que o atraso na tramitación administrativa pode supoñer a perda de 170 millóns de euros.

Aseguran que este tipo de fondos europeos teñen que estar executados, como máximo, en agosto de 2026, e por tanto a obra podería correr perigo se o Goberno non cumpre cos prazos.

"É necesario que as obras comecen na primavera do 2022 como moi tarde para remataren en prazo, polo que hai seis meses para asinar o convenio, licitar e asinar o contrato e empezar a executar. Sen fondos europeos, o tren está en perigo", comenta a voceira municipal do PP.

 

Noticias web

08/09/2021