CRTVG

Buscar

O PP insta a alcaldesa da Coruña a negociar o futuro do porto

Publicado o 17/08/2021 15:10

O Partido Popular pídelle á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que negocie o futuro dos terreos portuarios da cidade.

A Xunta de Galicia comprometera a achega de 20 millóns de euros na súa proposta para garantir a titularidade pública dos peiraos interiores.

Os populares reclaman, ademais, que o Concello non renuncie a que o Estado asuma a débeda portuaria como fixo en Valencia.

Noticias web

17/08/2021