O PP insiste en que a penalización das herdanzas en vida é un ataque á autonomía de Galicia
Publicado o 30/06/2021 16:51
No Congreso remata este mércores o debate da lei que penaliza as herdanzas en vida. Na práctica supón que se suprimirá unha rebaixa de impostos da que goza Galicia. O Partido Popular explica que vai supoñer que milleiros de galegos teñan que pagar máis cando herdan.