CRTVG

Buscar

O PP inicia o proceso de reelección dos presidentes provinciais

Publicado o 04/08/2021 21:12

O Partido Popular pecha o proceso de reelección dos presidentes provinciais. Elena Candia, en Lugo, e Manuel Baltar en Ourense, presentaron os avais necesarios para seren candidatos.

Alfonso Rueda fíxoo esta tarde en Pontevedra. Presentou máis de 2.800 sinaturas e foi proclamado único candidato a presidir o PP nesa provincia. A elección celebrarase o 18 de setembro no marco dos congresos provinciais.

Rueda amosou o seu "orgullo e agradecemento" polo apoio recibido tantos dos cargos provinciais como dos afiliados de base.



 

Noticias web

04/08/2021