CRTVG

Buscar

Ayuso non confirma a fichaxe de Toni Cantó: "Estamos a negociar"

Publicado o 25/03/2021 16:49
A presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, asegurou este xoves que están a negociar e falando a participación do exportavoz de Cs nas Cortes Valencianas, Toni Cantó, na súa candidatura aos comicios do 4 de maio. Así o sinalou Diáz Ayuso en declaracións a Televisión Española, na contorna da Porta do Sol, onde se sitúa a Real Casa de Correos, sede do Goberno autonómico.
A dirección de Pablo Casado anunciou onte á noite o desembarco de Cantó na lista de Ayuso, en calidade de independente, minutos despois de que o exdirixente laranxa fixese público que se reuniu co equipo da presidenta. Na contorna de Ayuso aseguran, con todo, que a conversa con Cantó foi para sondar ata onde contar con el e que, agora a presidenta madrileña debe actuar. 

Noticias web

25/03/2021