CRTVG

Buscar

O PP e Ciudadanos acercan posicións para forman goberno na Comunidade de Madrid

Publicado o 08/06/2019 11:42

En Madrid, o PP e Ciudadanos acercan posicións para formar goberno na Comunidade. No caso do consistorio semella que as posicións están máis afastadas.

A primeira xuntanza formal entre os dous partidos rematou con "boa sintonía". Parece que Isabel Díaz Ayuso está máis preto de converterse na próxima presidenta da autonomía. Os equipos negociadores de ambas as formacións, volverán reunirse o luns. Primeiro falarán do programa e deixarán para unha segunda fase a estrutura do goberno. Con todo, un posible acordo de investidura debe apoiarse de xeito necesario en VOX.
No caso do Concello madrileño, o candidato do PP, José Luis Martínez Almeida, non ten de momento o respaldo de Ciudadanos. Os de Albert Rivera esixen a alcaldía para Begoña Villacís.

Noticias web

08/06/2019