CRTVG

Buscar

O PP difunde un vídeo co gallo do 8 de marzo baixo o lema 'Moitos din, nós facemos'

Publicado o 05/03/2019 16:14

E nesta precampaña electoral está moi presente o 8 de marzo Co gallo do Día Internacional da Muller o PP lanza un vídeo, baixo o lema 'Moitos din, nós facemos'. Na cinta, mulleres do partido, como Andrea Levy ou Dolors Montserrat, poñen en valor a aposta pola muller durante os gobernos de Aznar e de Mariano Rajoy. Estase a difundir en redes sociais e destaca avances en materia laboral ou social dos que, din, se senten orgullosas. O vídeo remata cunha mensaxe da presidenta do Congreso, Ana Pastor: "Somos a garantía da igualdade entre mulleres e homes. Sempre. Que non falen por nosoutras", asegura. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019