CRTVG

Buscar

O PP di que os orzamentos do Estado son os peores para Galicia nos últimos 15 anos

Publicado o 03/12/2020 14:59

O PPdeG avalía os orzamentos xerais do Estado. Di que son os peores para Galicia nos últimos 15 anos. Miguel Tellado cifra nun 11% o recorte para a nosa comunidade e aplaude que finalmente o BNG se sumara ás críticas do PP e rexeitara as contas.

"Utilizaron o BNG no momento da investidura, cando Pedro Sánchez precisaba o único voto do BNG e agora é evidente que o PSOE non conta, porque non o necesita, co BNG. Están facendo de parvo útil e, neste caso, o que vemos é que nin sequera de parvo útil, probablemente, de parvo inútil".

Noticias web

03/12/2020