O PP di que é unha mostra máis da suba impositiva que busca o PSOE
Publicado o 13/08/2019 13:17
Para o PP esa posibilidade de pago nas autovías é unha mostra máis da política económica dos socialistas baseada, din, na suba de impostos. "O que vén da man do PSOE son máis impostos. Xa o estamos vendo, non só no caso das autoestradas. Tamén nos presupostos que se presentaron hai uns meses, felizmente rexeitados: subida do diésel, subida do imposto aos autónomos, subidas tamén, insinuadas pola ministra de Facenda, para todos aqueles que queiran herdar", asegurou Teodoro García Egea, secretario xeral do PP: