CRTVG

Buscar

O PP di que a investidura será "un debate de dous modelos de España"

Publicado o 21/07/2019 14:39

Sobre o debate de investidura de mañá tamén falou o vicesecretario de organización do Partido Popular, Javier Maroto. Foi na clausura da escola de verán das Novas Xeracións en Vitoria.

Maroto dixo que mañá se van contrastar claramente dous modelos. Un, o de Sánchez, que admite poñer en cuestión a unidade territorial de España, e outro respectuoso coa legalidade, representado polo PP. Segundo Maroto, a de Sánchez "é unha España collida con alfinetes".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/07/2019