CRTVG

Buscar

O PP denuncia a "falta de transparencia" de Sánchez nas negociacións con ERC

Publicado o 28/12/2019 14:39

Desde o Partido Popular destacan que Pedro Sánchez se instalou na opacidade e que non comparece para explicar as negociacións cos independentistas ou o "escándalo dos ERE",  e acúsano de tentar influír na Avogacía do Estado.

Así o reflectía hoxe Jaime de Olano, vicesecretario de Participación do PP: "Sánchez non comparece para explicarlles aos españois que é o que está disposto a ceder ante os independentistas cataláns, que é o que está negociando co señor Junqueras, que é o que está negociando cun delincuente condenado polo Tribunal Supremo por delitos graves, delito de sedición e por malversar ou roubar o diñeiro dos cataláns. Sánchez leva dous meses sen comparecer para explicar o maior escándalo de corrupción que houbo en Europa, que é o sucedido cos ERE en Andalucía"

Noticias web

28/12/2019