CRTVG

Buscar

O PP deG asegura que o Goberno central non baixa a luz polo seu afán recadatorio

Publicado o 04/09/2021 14:26

O Partido Popular de Galicia asegura que o Goberno central non baixa o prezo da luz polo seu afán recadatorio. 

Na primeira xuntanza da Comisión de economía dos populares galegos, Miguel Tellado criticou que o Estado vaia ingresar preto de 3.000 millóns de euros máis debido á suba da electricicidade. Di o número dous dos populares galegos que a transición ecolóxica do Executivo non pode saír do peto das familias e prexudicar a autónomos e pequenos comerciantes. Tellado tamén analizou o problema do baleirado dos encoros e lamentou que o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil non se responsabilizase dun asunto que é da súa competencia. 

Noticias web

04/09/2021