CRTVG

Buscar

O PP defenderá a autonomía fiscal para baixar impostos onde gobernan

Publicado o 17/01/2020 14:57

O PP reuniu os conselleiros de Facenda das comunidades en que gobernan para facer unha fronte común á política fiscal do novo Goberno.

Entre os participantes estivo o conselleiro da Xunta, Valeriano Martínez. Os populares esixen falar xa de financiamento autonómico e denuncian que o Consello de Política Fiscal e Financeira leva máis dun ano sen reunirse. Din que serán contrapeso á suba de impostos anunciada polo Goberno e reclaman para as comunidades os pagos pendentes do IVE de 2017, uns 200 millóns no caso de Galicia.

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020