CRTVG

Buscar

O PP de Pontevedra reelixe presidente provincial a Alfonso Rueda

Publicado o 19/09/2021 10:03

O Partido Popular de Pontevedra reelixiu presidente provincial a Alfonso Rueda no congreso celebrado onte á tarde na cidade. Clausurouno Alberto Núñez Feijóo reivindicando a política como un servizo aos cidadáns e aos concellos e non a egos persoais.

Alberto Núñez Feijóo aludiu á súa longa relación persoal e política cun emocionado Alfonso Rueda, pedíndolle ao PP de Pontevedra "ambición e humildade" para protagonizar o cambio que precisa a provincia. "A política provincial ten que estar ao servizo dos concellos e dos cidadáns, non dos egos dos seus políticos ou dos intereses partidistas", asegurou.

Ademais, Feijóo declarouse comprometido co persoal e as familias que dependen de ENCE. Segundo dixo, non asume que a empresa marche de Pontevedra. Respecto a Vigo, amosouse partidario dunha cidade "máis libre", que lidere a innovación e a industria pero tamén a cooperación institucional.

Noticias web

19/09/2021