CRTVG

Buscar

O PP de Pontevedra pídelle a Lores que se reúna cos traballadores de Ence

Publicado o 10/08/2021 15:05

O PP de Pontevedra desvincúlase da protesta levada a cabo a pasada fin de semana por traballadores de Ence durante o pregón das festas da Peregrina e condena os incidentes violentos que se rexistraron.

O líder dos populares na cidade tamén lle pide ao alcalde Lores que se reúna cos operarios da pasteira, "como responsable directo de que estas 500 familias se vaian á rúa polo seu recurso". En conferencia de prensa, Rafa Domínguez esixiulle ao rexedor que "os escoite e busque unha alternativa na nosa cidade para que estas 500 familias non queden sen traballo".

 

Noticias web

10/08/2021