O PP de Pontevedra pide a dimisión do alcalde da cidade
Publicado o 25/05/2021 17:32
O Partido Popular de Pontevedra pide a dimisión do alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, do BNG. Asegura que mentiu cando dixo que non era precisa a licenza de primeira ocupación da súa vivenda.
Os populares presentaron hoxe o permiso de obra concedido ao rexedor no ano 97 que SI esixe que se solicite a licenza de primeira ocupación. No concello replican que na práctica non reclaman esa documentación ás vivendas unifamiliares de autopromoción.