CRTVG

Buscar

O PP de Pontevedra denuncia que o Goberno local paga un alugueiro que non se usa

Publicado o 30/04/2021 13:17

O Partido Popular de Pontevedra denuncia que o Goberno municipal está pagando o alugueiro duns terreos que non se empregan para nada. Rentáranos para facer unha planta de compostaxe en 2015, pero segue sen construírse.

Ademais din que o contrato expirou em 2019, polo que o pago deste ano estaría fóra da lei.