CRTVG

Buscar

O PP de Pontevedra denuncia contratos a dedo para beneficiar familiares e empresas afíns ao BNG

Publicado o 14/01/2021 14:49

O PP de Pontevedra denuncia contratos a dedo realizados polo concello para beneficiar familiares e empresas afíns ao BNG.

Trátase de contratos menores que oscilan entre os 500 e os 12.000 euros, polo que non é preciso que saian a concurso público; así e todo, o voceiro do grupo municipal popular en Pontevedra asegura que non é ético que Fernández Lores utilice os cartos dos pontevedreses para facer adxudicacións a amigos, familiares e fundacións afíns ao BNG. Dende a alcaldía non quixeron facer declaracións.

 

Noticias web

14/01/2021