CRTVG

Buscar

O PP de Ourense remítelle a súa proposta ao PSOE para unha moción de censura "sen liñas vermellas"

Publicado o 29/10/2020 11:11

O grupo municipal do PP de Ourense acaba de mandar un escrito aos socialistas en relación á moción de censura que lle poderían presentar ao actual alcalde, Pérez Jácome. Nel, explican a súa proposta, unha proposta sen liñas vermellas. Din que é a mesma que xa lle avanzaran na reunión que mantiveran hai xa máis de quince días e da que aínda non obtiveron resposta. Queren un goberno de coalición aseguran, un goberno que sexa estable, un goberno capaz de sacar a Ourense, din, do desgoberno actual. No escrito os populares tamén lle piden un posicionamento expreso por parte de Gonzalo Caballero.

Queren saber xa se avala ou non esas negociacións entre populares e socialistas para poderse sentar e comezar a traballar, din, por Ourense. Mentres, esta mañá, ás once e media, está prevista a comparecencia do líder dos socialistas, Rodríguez Villarino.

Estaremos moi pendentes da súa contestación a esa carta e a partir de aí de se se producen ou non movementos de cara á presentación desa tan anunciada moción de censura.

Noticias web

29/10/2020