CRTVG

Buscar

O PP de Lugo denuncia que o goberno do bipartito abusa dos contratos "a dedo"

Publicado o 18/02/2021 14:04

O partido popular de Lugo denuncia que o Goberno do bipartito da cidade abusa dos contratos menores e cuestiona a súa adxudicación. Un deses contratos era para acondicionar o xardín do Centro de Emprendedores da cidade.

Os populares din que na zona verde non está todo o mobiliario, polo que se pagaron uns 45.000 euros. Dende o Concello defenden que se fixo unha reasignacion de parte dese gasto a outras necesidades derivadas da pandemia.

Ramón Carballo, voceiro municipal do PP: "De 1.300 contratos menores que se repartiron o pasado ano, alguns eran contratos maiores que os foron dividindo para adxudicalos a dedo".

Mauricio Reppeto, concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego: "Polas necesidades do servizo reasignáronse para outras necesidades máis urxentes dos propios emprendedores, empresarios e comerciantes".

Noticias web

18/02/2021