O PP de Lugo denuncia a alcaldesa Lara Méndez por presunta prevaricación e malversación
Publicado o 02/05/2019 13:40
POÑER FOTO QUE FALTA
O voceiro municipal do Partido Popular en Lugo ratificou hoxe nos xulgados a súa denuncia contra a alcaldesa Lara Méndez. Antonio Ameijide di que o concello acumula máis de 40 contratos caducados o que pode supoñer unha presunta prevaricación e malversación de fondos. Canda el estaban citados a declarar como testemuñas o interventor e o xefe de contratación aínda que finalmente se pospuxeron estas comparecencias por baixa médica da xuíza que abriu as dilixencias previas.