CRTVG

Buscar

O PP da Coruña solicita celebrar un pleno para tratar a cuestión do 'botellón'

Publicado o 15/10/2021 16:01

As imaxes repítense cada día da semana na zona do Orzán: mozos na rúa que impiden o descanso dos veciños.

Din que son mozos novos que facían botellón en lugares nos que agora está prohibido e que se trasladan a esta zona. Os veciños levaron as súas protestas ao Concello, pero din que polo mmomento non tiveron resposta.

Ante a situación de inseguridade que denuncian distintos barrios da Coruña, o Partido Popular acaba de solicitar a celebración dun pleno extraordinario ante as queixas veciñais.

Desde o Concello rexeitan facer valoracións sobre a situación de inseguridade e as denuncias veciñais dos barrios.

Noticias web

15/10/2021