O PP critica que Sánchez non tome medidas fronte a nova cepa do Reino Unido
Publicado o 21/12/2020 14:47
O Partido Popular reclama ao Goberno información sobre a nova cepa de coronavirus detectada no Reino Unido e os controis que se están a facer nos portos e aeroportos.
A voceira do PP no Congreso, Cuca Gamarra, censura a tardanza do Goberno en tomar decisións sobre todo tendo en conta que outros paises xa están pechando fronteiras co Reino Unido.