CRTVG

Buscar

O PP critica a "radicalización" de Sánchez tras o acordo con Unidas Podemos

Publicado o 13/11/2019 13:55

• O PP gaña o último escano de Biscaia, que perde o PNV

A noticia do preacordo entre PSOE e Unidas Podemos sorprendeu os populares no medio da Executiva para analizar os resultados electorais. Nunha declaración ao remate da xuntanza, Casado criticou con dureza que Pedro Sánchez elixira a "radicalización", dixo, do Goberno.

Pablo Casado, presidente do PP: "Dise en España que a cabra tira ao monte. Sánchez deixa moi claro que está de acordo coa radicalidade da esquerda e non cun Partido Socialista que chegaba a acordos de Estado non con nacionalistas senon co Partido Popular que é a forza principal do centro dereita".

O presidente do PP acusa a Pedro Sánchez de ser un "tapón" para os pactos constitucionalistas e de non representar o "Partido Socialista histórico e responsable". Este pacto, remata Casado, afasta calquera colaboración do PP.

Pablo Casado, presidente do PP: "Nós, temos que lembrar, que estivemo áltura. Foi Sánchez quen escolleu radicalizar a súa proposta de goberno e que nin se dignou a chamar o PP".

Ademais de criticar que Sánchez non os chamara, fontes do PP engaden que o presidente do Goberno en funcións nin sequera contestou a chamada que Casado lle fixo o domingo pola noite, só mandou, din desde o PP, unha mensaxe o luns para dar acuse de recibo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019