O PP cre que existe unha "axenda oculta" na bilateral Estado-Generalitat
Publicado o 02/08/2021 13:14
O PP desconfía da reunión da reunión desta tarde da Comisión bilateral Estado-Generalitat. Nunha entrevista radiofónica, o vicesecretario de Comunicación do partido preguntábase "que non nos están contando, a saber cal é a axenda oculta do pacto de Sánchez con Aragonés".
Segundo Pablo Montesinos, "Pedro Sánchez dicía que referendo non, baixo ningún concepto, pero só uns días despois, membros do seu propio Goberno dicían que referendo tal vez si".