O PP controla a Mesa da Asemblea de Madrid e cédelle a Vox unha vicepresidencia
Publicado o 08/06/2021 15:18
En Madrid quedou constituída a Asemblea da duodécima lexislatura. A exconselleira de Presidencia Eugenia Carballedo é a nova presidenta do Parlamento autonómico. Estará acompañada na Mesa por catro deputados do seu partido, o PP, un de Vox, un do PSOE e outro de Más Madrid. Podemos queda fóra deste órgano. A presidenta da Comunidade chegou a un acordo con Vox para reducir o número de deputados da Asemblea.