CRTVG

Buscar

O PP confía en desbloquear os pactos con Ciudadanos e Vox para Murcia e Madrid

Publicado o 11/07/2019 16:06

O Partido Popular é optimista. Cre que vai poder desbloquear o pacto con Ciudadanos e Vox e investir axiña os seus candidatos para gobernar Madrid e Murcia.

En Murcia, as negociacións avanzan con reunións a tres. En Madrid, Díaz Ayuso busca fórmulas alternativas. Propón que o acordo quede reflectido no diario de sesións da Asemblea, exposto por cada partido no próximo pleno de investidura. A solución agrada a Vox e tamén a Ciudadanos, que evita así asinar ningún documento cos de Abascal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019