CRTVG

Buscar

O PP carga contra as medidas do Goberno para baixar o recibo da luz

Publicado o 19/10/2021 19:48

Empresas que paran a produción, unha cesta da compra máis cara e medo a investir en España en enerxías renovables. De todo iso culpa o PP ao Goberno como consecuencia das medidas de choque para afrontar a suba do prezo da luz.

Javier Maroto, voceiro do PP na cámara alta, reprochoulle que "prometeu un machadazo ás eléctricas e aquí o único machadazo que está habendo é o que leva o cidadán de a pé".

Sánchez defendeu unhas medidas que en decembro reflectirán unha baixada dun 61 % dos impostos e dun 50 % os custos fixos que figuran no recibo. O presidente do Goberno acusou o PP de que "non votar a favor de ningunha destas medidas e hai moita xente que o está pasando mal: industrias, usuarios e pequenas e medianas empresas; e o que quererían é unha oposición moito máis construtiva e responsable, non co Goberno, senón co seu país".

No pleno, Junts per Cat, ofreceuse a negociar o seu apoio aos presupostos a pesar da baixa execución dos investimentos prometidos a Cataluña. Josep Lluís Cleries cre que "nos enganan cada ano pero, iso si, con diálogo. Estamos dispostos a falar, se cadra vostedes teñen outras preferencias". Respondeulle Sánchez: "Grazas por abrirse polo menos a falar sobre unha eventual aprobación dos presupostos por parte do seu grupo parlamentario nas Cortes Xerais. Eu creo que acertarán".

Noticias web

19/10/2021