O PP asegura que está preparado para calquera escenario
Publicado o 03/09/2019 15:17
O PP prepárase para calquera escenario. Pablo Casado reuniu hoxe por primeira vez o novo comité de dirección do partido. Unha xuntanza en que o bloqueo político que sofre o país foi un dos asuntos centrais.
Dende o PP responsabilizan a Pedro Sánchez da situación por non ser capaz de dialogar con ninguén. Manteñen a súa negativa a unha posible abstención que facilite a súa investidura. Din que Sánchez quere que se repitan as eleccións e aseguran que o PP está preparado para cambiar o rumbo do país.