CRTVG

Buscar

O PP aproba o seu plan de traballo para investigar a tese de Sánchez no Senado

Publicado o 01/03/2019 19:12

O Partido Popular aprobou o seu plan de traballo para investigar no Senado as presuntas irregularidades da tese de Pedro Sánchez.

Pero ese plan de traballo non se vai poder levar a cabo xa que o próximo martes acaba a lexislatura e disólvense as Cortes polo adianto electoral. Asi pois, principio e fin para esta comisión de investigación creada polo PP e Ciudadanos para averiguar se houbo plaxio na tese do presidente do Goberno. A voceira do grupo popular asegurou que unha das razóns do adianto electoral foi o temor de Sánchez a esta investigación parlamentaria.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/03/2019