O PP acusa o Goberno de "vender España por fascículos" aos independentistas
O Partido Popular acusa o Goberno de "vender España por fascículos" aos independentistas. Foi durante a sesión de control ao Goberno no Senado e á conta da mesa de diálogo con Cataluña. Carmen Calvo pediulles aos populares unha oposición leal e recordoulles a vicepresidenta que os socialistas si o foron cando gobernaba o Partido Popular.
"Esta é a mesa da humillación, é a venda por fascículos de España. Que tempos nos que vostedes estaban ao lado do Constitucionalismo, do PP, cando tivemos que facer fronte aos separatistas cataláns coas ferramentas que nos dá o Estado de Dereito", di Salomé Pradas do PP.
"Que tempos nos que o Partido Socialista era leal na oposición co PP gobernando cando había unha situación crítica, problemas de Estado e había que arrimar o ombreiro. Que tempos! Vostedes non o fan nunca. Volvan ao sitio onde a política se fai con diálogo. Só cabe unha alternativa: facer política, atoparnos, dialogar sacar adiante un acordo", resposta Carmen Calvo, vicepresidenta primeira do Goberno.