CRTVG

Buscar

O PP acusa o Goberno de abandono ás comunidades autónomas na terceira onda

Publicado o 14/01/2021 16:28

Dende o PP acusan o Goberno de abandonar as comunidades autónomas na xestión desta terceira onda. Pablo Casado pídelle a Pedro Sánchez unha estratexia nacional que coordine as distintas administracións.

Pablo Casado, presidente do PP: "Pedro Sánchez non tivo punto intermedio. Ou asumiu toda a responsabilidade, todas as decisións, ou entrou como elefante en cacharrería na marxe que teñen as institucións, como pasou na primeira onda cun resultado moi malo, ou directamente non fai nada como está facendo nesta terceira onda. Ten que haber un marco de actuación nacional".

Noticias web

14/01/2021