CRTVG

Buscar

O PP acusa o Goberno de non salvar vidas

Publicado o 19/05/2020 20:08

A preguntas do Partido Popular, o Goberno negou que se estea identificando xente por levar a bandeira de España. O ministro do Interior di que o que se está sancionando é o incumprimento do distanciamento social ou das restricións de mobilidade. O PP criticou no Senado o Executivo por manter corentenas ilóxicas aos viaxeiros e por desprezar o sector turístico.

David Erguido, do PP, díxolles que  "vostedes chegaron tarde á crise sanitaria e van chegar tarde á crise económica. E agora que me fala vostede do dilema entre salvar vidas e salvar a economía, vostedes non salvaron vidas nin van salvar a economía"

Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior respondía que "claro que non salvamos vidas. Vostedes tampouco. Salvounas o esforzo da cidadanía, da sociedade quedando na casa, cambiando a vida e, eles si, sendo responsables"

O Partido Popular instou o Executivo a prolongar os ERTE ata finais de ano e a reforzar os servizos de emprego para axilizar os pagos.

Salomé Pradas, do PP, critica que "vostedes teñen milleiros de españois cun ERTE recoñecido e aínda sen cobrar. Ese é o escudo social que lles prometían?"

E a ministra respondía lembrando a actitude dos populares ante os decretos que desenvolveron ese instrumento: "Sabe cal foi o voto do seu partido? Votar en contra. Se é por vostedes polo seu partido, a día de hoxe ningunha empresa e ningún traballador estaría acollido aos ERTE. Se fose polo Partido Popular, hoxe non cobrarían nada"

Yolanda Díaz lembrou que o pacto cos axentes sociais xa prevé a prolongación dos ERTE máis aló do estado de alarma.




 

Noticias web

19/05/2020