CRTVG

Buscar

O PP acusa a Sánchez de ter un pacto sen precedentes con Bildu

Publicado o 17/11/2020 19:55

O Partido Popular acusa a Sánchez de carecer de escrúpulos por incluír, din, a Bildu non só no pacto de presupostos, senón na dirección do Estado.

Javier Maroto, voceiro do PP no Senado, afirmou que "podemos dicir con maiúscula que Bildu representa o peor da política española e vostede, señor Sánchez, non pode sequera insinualo hoxe, porque se o fixese perdería o presuposto, o Goberno e ata o colchón da Moncloa".

Sánchez, que non citou a formación vasca, responsabilizou o PP de usar a pandemia para derrocar o Goberno: "a forma de facer política chea de falsidades, fake news e polarización atopou nos Estados Unidos unha derrota estrepitosa e vai acontecer aquí o mesmo con vostedes cando sexan as eleccións xerais".

PP e Goberno enfrontáronse tamén á conta da eliminación do castelán como lingua vehicular na futura lei de educación.

Miguel Lorenzo, senador popular, cre que "non podemos deixar en mans das comunidades autónomas e menos de Cataluña que o castelán se converta alí nunha lingua estranxeira". Isabel Celaá, ministra de Educación, respondeu pedindo "fóra catastrofismos. Se antes, ata o 13, non era vehicular e vostedes tiveron presidentes do Goberno que non o puxeron sería probablemente porque non era necesario".
 

Noticias web

17/11/2020