CRTVG

Buscar

O PP acusa a Pedro Sánchez de "triunfalismo"

Publicado o 04/08/2021 14:34

O Partido Popular acusa o presidente do Goberno de caer no triunfalismo ao afirmar que España "xa pasou da resistencia á recuperación". Segundo a súa voceira no Congreso, "Sánchez segue ancorado no eslogan e no márketing".

Para Cuca Gamarra, o xefe do executivo "solta unha frase e vaise de vacacións, pero a realidade é que España está sumida nunha quinta ola e a España quédalle aínda moito por diante para realmente chegar a unha recuperación".

Noticias web

04/08/2021